Protección Civil de Moaña acudiu na tarde de onte a unha vivenda de Domaio tras a chamada dun particular alertando da presenza dunha serpe de maís dun metro no seu domicilio onde traballaban os carpinteiros. Os voluntarios trasladáronse ata a casa para retirala e posteriormente poñela en liberdade no monte.