Acceso á autovía pola saída de Broullón.

A Policía Local de Moaña logrou localizar a un ancián veciño de Moaña que esta serán deambulaba desorientado pola autovía do Morrazo. Ao redor das 21:00 horas un condutor alertou ao 112 de que había un home de avanzada idade camiñando pola estrada.

Pouco despois, unha muller solicitaba colaboración aos axentes porque non conseguía localizar ao seu pai que se atopaba no medio do monte. A patrulla realizou varias pasadas polas saídas da parroquia de San Martiño e pola propia autovía ata localizar o home camiñando pola estrada, co perigo que iso entrañaba para a súa seguridade.

Despois de falar con el e localizar aos familiares, o ancián contou aos axentes que foi ao cemiterio e despois andou en dirección a Broullón, a partir dese momento xa non lembraba nada máis. Polo que a Policía cre que puido acceder á autovía polo acceso desde Broullón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *