Unha octoxenaria quedou atrapada no interior do seu vehículo tras caer por un terraplén duns 15 metros o corredor de Marín (VG-4.4) cando viaxaba como copiloto á altura da parroquia de San Xulián en dirección a Pontevedra. Os Bombeiros non tiveron que excarcerar, pero si axudaron á vítima a abandonar o seu vehículo debido á posición na que se atopaba, nunha cuneta e contra unhas árbores, tras saírse da vía. O conductor saliu ileso e foi o que pediu auxilio.
Sucedeu ao fío das doce e media deste mediodía.
Ata o lugar acudiron nada mais ser informados polo 112 Galicia, tras recibir o aviso dunha persoa particular, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Morrazo e os axentes de Tráfico. Igualmente, foron informados os Bombeiros de Pontevedra, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.