O proxecto “Legado creativo” utilizará como material literario a memoria colectiva e familiar de Marín. Será un obradoiro de dúas horas de duración na Biblioteca e será preciso inscrición previa
Queres descubrir as historias ocultas nas vellas fotos da familia? E as ferramentas básicas de creación literaria para escribir o teu propio relato, conto ou novela? Iso é o que ofrece o proxecto “Legado creativo”, unha iniciativa que nace da colaboración do Concello de Marín coa escritora Elena Gallego Abad e que servirá para celebrar o Día do Libro.
Este obradoiro terá un aforo máximo de 15 persoas e será o 22 de abril, na Aula CeMit da Biblioteca, de 11.00 a 13.00 horas. Será preciso inscribirse previamente por mail, escribindo a biblioteca@concellodemarin.es.
Entre os contidos que se impartirán estará o repensamento do legado familiar e dos contos das avoas como a base do potencial creativo literario, as ferramentas para crear un relato a partir da historia familiar e as claves xerais de escritura creativa precisas para iniciarse nesta disciplina.