As concelleiras presentando a iniciativa para o Día da Nai.

O Concello anima á poboación a acumular compras de ata 10 euros no comercio e na hostalaría locais entre o 20 de abril e o 7 de maio

A concelleira de Comercio, Cristina Acuña, presentou á a campaña de apoio á economía local que arrancará nos próximos días co gaio da celebración do Día da Nai. Tal e como explicou a concelleira, o obxectivo é “poder incentivar o consumo nos nosos locais e comercios nuns días previos ao da Nai, no que sempre se intensifican as compras. En Marín temos de todo para sorprender ás nosas nais cun detalle bonito”.

As persoas que fagan compras de ata 10 euros no comercio e hostalaría locais (excepto supermercados, gasolineiras e farmacias) do 20 de abril ao 7 de maio poderán acumulalos e ir con eles o propio día 7 ao Palco de Música da Alameda, onde estará instalado u n photocall no que se poderán sacar unha foto de recordo coa súa nai, que poderán levarse ao momento.

O horario do photocall será de 12.30 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *