A ambulancia esta tarde no barro.

Unha ambulancia foi rescatada esta tarde por efectivos de Protección Civil de Moaña cando se atopaba no medio dunha lameira de barro que lle impedía continuar ou retroceder na rúa Salde, detrás de San Martiño. Ante os constantes intentos dos técnicos de Emerxencias por saír, o vehículo quedou inclinado cara ao lado dereito e encallada en bulleiral.

Dous voluntarios de Protección Civil de Moaña trasladáronse ata o lugar e despois de máis de dúas horas lograron sacala, non sen antes asegurala atándoa ás árbores para impedir que envorcase.

O motivo deste incidente e que os técnicos eran novos e descoñecía a zona polo que guiaronse polas indicacións do GPS. Precisamente o 061 de Galicia en 2022 segue dependendo de que a xente indique de viva voz onde se atopa o lugar da emerxencia. Os vehículos non dispoñen de sistemas de xeolocalizacion da chamada.

Protección Civil actuando no incidente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *