Reguera esta mañá en Bueu.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá aEscola Marítimo-Pesqueira de Bueu, onde comprobou o bo funcionamento dos cursos que se levan a cabo na mesma. En concreto, o delegado puido coñecer e conversar con preto de 15 alumnos de un curso de soldadura que lle transmitiron a súa satisfacción tanto coas instalacións como co plan formativo e lle explicaron as distintas fases da súa formación que inclúe teoría e práctica.

Neste sentido, dende o centro fíxose especial mención á importancia de formar ao alumnado en prevención de riscos, ademais de ensinalos a actuar en situacións de emerxencia. Para iso a Escola Marítimo-Pesqueira de Bueu conta cun espazo especialmente dedicado a simular situacións de incendios. Ademais o alumnado dos cursos relacionados coa pesca e o mar realizan de forma periódica simulacros en embarcacións.

O delegado territorial mostrouse moi satisfeito co traballo que se leva a cabo no centro e destacou a “importancia de ofrecer unha formación de calidade aos galegos e galegas que aínda non conseguiron atopar o seu lugar no mercado laboral”. Ademais, en conversación con algúns dos alumnos, Reguera lembroulles que existe unha gran demanda nas empresas galegas de profesionais cun perfil práctico como o que se desenvolven nestes cursos e animou a todos a “chamar á porta do tecido empresarial galego tan pronto como se sintan preparados para desenvolver a súa nova profesión».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *