O Concello de Cangas continúa coa súa programación deseñada polo Consello Municipal da Igualdade con motivo do Día Internacional da Muller e esta semana traslada ás bibliotecas das parroquias a exposición “recuperando a historia das miñas veciñas”.
As lonas que recollen o recoñecemento á traxectoria das veciñas de Cangas elexidas para poñer nome propio a unha loita anónima en prol da igualdade estará aberta á veciñanza, de xeito itinerante, nas bibliotecas de Aldán, O Hío, Coiro e Darbo, unha semana en cada centro cultural ata o vindeiro 14 de abril.
Esta exposición, que se enriquece cada ano, nace dunha proposta da concellelía de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade co financiamento dos Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género. O departamento municipal organizou un proxecto a desenvolver co alumnado dos centros educativos de Cangas coa finalidade de sensibilizar e concienciar sobre o papel das mulleres dirixida a promover cambio de valores no ámbito educativo e na sociedad.
O alumnado traballou sobre unha ou dúas mulleres, ou sobre colectivos de mulleres que naceran en Cangas ou que desenvolveran o seu traballo no municipio. Cada centro tiña que escoller sobre que mulleres do pasado histórico ou contemporáneas ían a realizar o seu traballo de divulgación. A finalidade era que cada centro cera a coñecer e investigara sobre mulleres que tiveran algún tipo de relación co seu centro educativo ou do lugar onde está situado para ampliar as referentes colectivas.