Productos doados o primeiro día de recollida na Casa da Xuventude.

Atendendo as indicacións propostas pola FEGAMP e Xunta de Galicia, e buscando ser o máis eficientes posibles, o Concello de Cangas pausará a recollida de material humanitario para Ucrania ata novo aviso a recomendación de ambas administracións. A través dun comunicado alertan de que «as doazóns están sendo masivas e demasiado concentradas, polo que dificulta a súa distribución».

Así, desde a Fegamp e a Xunta recomendan «canalizar a axuda á cidadanía a traés de doazóns económicas mediante as diferentes Organizacións Non Gobernamentais (ONGD) Humanitarias que traballan na zona, así como a través de organismos humanitarios especializados».

«Os bens doados de forma particular están a supoñer custos administrativos e dificultades loxísticas engadidas (transporte, recepción, almacenamento, distribución…) para as institucións que as xestionan», explican, «ademais, a doazón internacional dalgúns produtos, como os medicamentos, está sometida a uns estritos protocolos que restrinxen as doazóns por parte de particulares» e resulta «difícil a garantía dos corredores humanitarios estables que permitan a distribución e o acceso seguros a pesar dos esforzos de negociación».

Ainda así, Cangas recorda que ata o xoves 17 de marzo poden entregar as doazóns na Oficina Municipal de Voluntariado, sita na Casa da Xuventude – Rúa Real 29 de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, porque o venres realizarán o último envío a Ucrania.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *