O servizo de Carreteras iniciou as obras de reparación dun bache xerado na Avenida de Ourense, en Marín, e que estaba supoñendo un desgaste da infraestrutura viaria. Os traballos arrancaron onte despois de realizar labores de catas previos e durarán un par de semanas.