A delegada da Xunta e a alcaldesa cos voluntarios de Protección Civil de Cangas esta mañá.

Protección Civil de Cangas terá un novo vehículo antes de que termine este ano 2022, se as circunstancias internacionais non o impiden pola escaseza e o encarecemento de materiais e compoñentes. Terano grazas a un convenio de colaboración asinado hoxe entre a Xunta e o Concello de Cangas para a adquisición deste camión especial para acciones contraincendios e salvamento que se sumará á frota actual de Emerxencias Cangas, formada actualmente por vehículos antigos. O camión terá que estar no Morrazo antes do 31 de novembro para que despois poda ser adaptado ás necesidades do 112.

A Xunta colaborará na adquisición deste vehículo cunha achega de 55.666 euros, mientras que o Concello terá que asumir os 111.322 euros restantes. O obxectivo é que o Concello de Cangas poida afrontar as primeiras actuacións nos incendios que se puidesen producir tanto no ámbito municipal como nos municipios limítrofes. Segundo a alcaldesa, Victoria Portas, xa hai unha partida reservada para afrontar este gasto.

Corresponderá, indican dende a Xunta, ao goberno local tanto a súa adquisición como a dotación do persoal necesario, en número e formación, para o manexo do citado remolque e do equipamento de emerxencia que leva, para as intervencións para as que sexa requirido.

Neste sentido, a representante autonómica destacou a importancia da cooperación coas entidades locais co obxectivo de garantir máis e mellores servizos públicos á cidadanía, como é o caso da posta en marcha e mellora das infraestruturas municipais desde as que se prestan estes servizos.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e alcaldesa de Cangas visitaron hoxe a base de Protección Civil para anunciar a sinatura do convenio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *