O desprendemento do talud.

Se un informe da concesionaria Aqualia di que a responsabilidade do derrube do talud que soporta o vial que dá acceso á praia do Cocho, en Moaña, é do Porto de Vigo, desde a Autoridade Portuaria manteñen as palabras que pronunciaron xa en marzo cando se produciu o incidente. Insisten en que «a responsabilidade do sucedido débese á rotura dunha condución xestionada por unha empresa municipal (en referencia a Aqualia)» e que, polo tanto, a orixe do esvaramento do talud atópase fóra do dominio público portuario», en definitiva, «en terreo de competencia municipal».

Desde o Porto defenden que «todas as obras realizadas pola Autoridade Portuaria de Vigo nos últimos tempos (rozas, colocación de mallas antideslizamientos, etc.) foron encamiñadas a mellorar as condicións de estabilidade do talud».

A Autoridade Portuaria de Vigo contratou a un técnico perito para realizar un estudo completo e recuperar canto antes a seguridade do terreo de dominio público portuario que se viu afectado tras o derrube «provocado pola rotura dunha instalación municipal».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *