O desprendemento do talud.

Se un informe da concesionaria Aqualia di que a responsabilidade do derrube do talud que soporta o vial que dá acceso á praia do Cocho, en Moaña, é do Porto de Vigo, desde a Autoridade Portuaria manteñen as palabras que pronunciaron xa en marzo cando se produciu o incidente. Insisten en que “a responsabilidade do sucedido débese á rotura dunha condución xestionada por unha empresa municipal (en referencia a Aqualia)” e que, polo tanto, a orixe do esvaramento do talud atópase fóra do dominio público portuario”, en definitiva, “en terreo de competencia municipal”.

Desde o Porto defenden que “todas as obras realizadas pola Autoridade Portuaria de Vigo nos últimos tempos (rozas, colocación de mallas antideslizamientos, etc.) foron encamiñadas a mellorar as condicións de estabilidade do talud”.

A Autoridade Portuaria de Vigo contratou a un técnico perito para realizar un estudo completo e recuperar canto antes a seguridade do terreo de dominio público portuario que se viu afectado tras o derrube “provocado pola rotura dunha instalación municipal”.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí