Un dos tres sobreviventes é o patrón do barco, un veciño da parroquia de Donón, en Cangas
Dos 24 tripulantes do pesqueiro Villa de Pitanxo é veciño de Moaña. Así o conforma a alcaldesa, Leticia Santos, que prefire, polo momento, non dar a súa identidade por respecto á familia. A propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, chamou persoalmente á rexedora para confirmarlle que, efectivamente, un dos mariñeiros é veciño deste municipio.
Segundo informacións non oficiales, trátase dun home de media idade orixinal da parroquia de Tirán que, casualmente, non adoitaba faenar neste barco. Todavía se desconoce la situación de este hombre, se é un doos superviventes, se está desaparecido ou falecido.
Doutra banda, dos tres sobreviventes dos que se teñen noticias ata o momento uno é o patrón, un veciño da parroquia de Donón, en Cangas.
Segundo fontes do sector do mar, a tripulación esta embarcación de arrastre traballaba na recollida do aparello para metelo a bordo cando lles sorprendeu un golpe de mar.