O Villa de Pitanxo.

Dos 24 tripulantes do pesqueiro 3 son de Marín, 3 de Cangas, 1 de Bueu e 1 de Moaña

Segundo puido saber Morrazo Noticias de fontes extraoficiais, dous dos tres sobreviventes do pesqueiro Villa de Pitanxo, do Grupo Nores, naufragado esta mañá en augas de Canadá son veciños de Cangas. Trátase do patrón do barco, un veciño de mediana idade natural da parroquia de Donón, Juan Padín, e do seu sobriño. Segundo a familia deste experimentado mariñeiro, só puideron falar cinco minutos e dixolles que estaban ben. Padín foi rescatado dunha das balsas onde permanecía xunto ao seu sobriño polo pesqueiro Praia Menduiña.

Do terceiro veciño de Cangas que tambén traballaba no barco ainda non hai novas.

O suceso, catalogado polo sector do mar como o peor ocorrido na historia, sacode a toda a comarca. Dos 24 tripulantes da embarcación, tres son de Cangas, outros tres de Marín, un de Bueu natural da parroquia de Beluso e un de Moaña da parroquia de Tirán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *