Avda. de Marín onde tiveron lugar os feitos.

Ao redor das 6:20 horas do domingo na Avenida de Marín viviron momentos moi tensos. Unha pelexa entre mozas, todos eles maiores de idade, saldouse con polo menos tres feridos, un deles de consideración e outro de gravidade que tivo que ser trasladado ata un hospital en Vigo en estado grave. Tiña un corte de consideración entre a caluga e a orella, moi preto da yugular.

Segundo testemuñas, aínda que houbera unha pelexa anterior ao redor das catro da madrugada, foi ao fío das 6:30 horas cando se alertaba de que varios mozos estaban a agredirse con navallas e con cristais de botellas. Unha vez no lugar, os seis axentes da Policía Local, que foron os primeiros en chegar ao lugar, identificaron e detiveron ao agresor, ferido cun racho na mandíbula, e asistiron ao resto de feridos. Aseguran os veciños que a rúa estaba chea de sangue e que a situación era moi difícil. Tamén no centro de saúde, onde lles prestaron a primeira asistencia, viviron momentos complexos.

Segundo fontes oficiais, todos os participantes da pelexa son maiores de idade e con residencia en Moaña ou Madrid.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *