Saco de mosluscos incautado aos furtivos esta tarde na Borna.

Tres furtivos, veciños de Boiro, foron pilladas hai apenas uns minutos na praia da Borna, en Moaña, mentres recollían varios moluscos, entre eles ameixa japónica, fina, berberecho e navalla. Colléronlles sobre 10 quilos despois de desfacerse do resto ao decatarse de estaban a lles observar desde o peirao unha parella da Policía Local e un gardacostas.

Ademais, os axentes tamén multáronlles por varias infraccións administrativas, entre elas por furtivismo e por falta de consideración aos axentes da Autoridade Portuaria. Pero tampouco se libraron dunha sanción por ter a furgoneta mal aparcada. Estacionárana nun extremo do peirao, xunto á estrada, sen que aí estivese permitido facelo.

Segundo testemuñas, os tres homes, tras ser pillados in fragantis marcháronse na furgoneta en dirección A Guía. Pouco tempo despois, explican os veciños que nese momento atopábanse nas inmediacións, regresaron e colleron algo máis ante de subirse de novo ao vehículo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *