Guardia Civil de Moaña.

O condutor logrou escapar na rotonda de Rande aínda que está identificado, é veciño de Vigo e ten antecedentes por tráfico de drogas

Ao redor das 9:15 horas da mañá, cando os nenos entraban ao colexio, un vehículo BMW de cor branca irrompeu a gran velocidade pola rúa Raíñas, a que bordea o Ceip Seara, e incorporouse á PO-551 cara á Xunqueira en dirección Vigo. Tras él, a Garda Civil tamén que, a pesar dos intentos, non lograba alcanzalo. De feito, na rotonda de Rande perdeulle a pista e escapou.

Segundo testemuñas, moitos deles pais que volvían ou ían levar aos seus fillos a clase, durante a persecución os coches circularon a gran velocidade saltando badenes e adiantando coches. Afortunadamente non houbo que lamentar ningún accidente nin atropelo pero a carreira causou medo entre quen a observou ben ao volante ou desde as beirarrúas.

Segundo fontes solventes, o condutor do BMW, un veciño de Vigo ao que puideron identificar despois, saltouse un control nunha das saídas da Autovía do Morrazo e foi nese momento cando comezaron a perseguilo. O fuxido podería ter antecedes relacionados co tráfico de drogas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *