Moaña continuou coas actividades de verán de mocidade e o venres tivo o campus de xadrez do mes de xullo. Unha xornada de catro horas que seguiu co traballo realizando durante o ano de forma telemática e que dende a concellería de Mocidade esperan poidan retomar de forma presencial no comezo do próximo curso.
Para esta actividade realizaronse partidas, formación e actividades lúdicas. Ademáis, contouse coa presenza de Diego Ibáñez, campión galego sub 10 co que puideron xogar e aprender dos que serán os grandes xogadores do futuro.