Tal e como foi aprobado en pleno, o pediatra Pepe Pereiro Francés ten o seu parque infantil no centro de Cangas. Este sábado levou a cabo o emotivo nomeamento ao que asistiron varios dos seus familiares e representantes do Concello, entre eles a concelleira de Cultura, Aurora Prieto, e a alcaldesa, Victoria Portas.
A presentación correu a cargo de Marisol Santomé e posteriormente a música se intercaló coas palabras e as emocións. Tras o descubrimento da placa púidose escoitar a Tromentelo, ao grupo de pandereteiras infantes Pis d´hos e Uxía Senlle. Como intervenientes, Alfredo Costas, Antonio Docampo Millán e a filla do doutor Pereiro Francés, Alejandra Pereiro.