Produciuse durante o debate da moción do BNG sobre a desafectación e o futuro das naves e a chaira de Ojea (min. 2:39: 00)

Todo transcorría conforme á normalidade, rozamento dialéctico entre o portavoz do PP, José Enrique Sotelo, e a alcaldesa, Vitoria Portas, en ocasións tamén entre a edil Dolores Hermelo e o concelleiro Mariano Abalo, pero o mellor estaba por chegar. Nin os bombeos nin a mellora da Eco roteiro, foi a moción que presentou o BNG para o futuro e a desafectación das naves de Ojea a que fixo que ao portavoz do PSdeG, Eugenio González, fóseselle a boca e comezase a gritar pasadas mais dúas horas dende o inicio da sesión. Nese momento tiña o micro apagado pero aínda así escoitábaselle de fondo. A rexedora, á que lle cambiou a cara polo que estaba a escoitar mentres tiña ela a quenda de micrófono, cualificaba as palabras que acababa de pronunciar do socialista de «graves». «Acaba de dicir unhas cousas que, sinceramente, grazas que non tiña o micro. Sinceramente as considero nada apropiadas. Uff… Home, pedirse unha reunión coa presidenta de Costas en Madrid supón que destitúan a alguén do Partido Socialista, as filas do socialismo deberían de facerllo mirar. Está gravado e todos os presentes escoitárono», manifestaba Portas mentres ameazábao con expulsalo da sala ainda que ao final non o fixo.

Con todo, foi a portavoz do BNG, Mercedes Giráldez, a que visiblemente enfadada e estupefacta aproveitou a súa quenda, aínda asombrada, para reproducir as palabras que uns minutos antes escoitara ao portavoz socialista. «Quedei alucinada cando dixo que a delegada do Goberno non ten que recibir á alcaldesa de Cangas, ten que recibilo a vostede, e é curioso. A min sorpréndeme e chámame moito a atención porque é unha afirmación que me fai pensar que igual me estou perdendo algún capítulo», dixo Giráldez, que continuou ante o micro repetindo o que ela había estaba segura de escoitar. «Tamén que o sr. xefe de Costas anterior sacárono do medio polo tema das dunas de Rodeira», proseguiu a edil nacionalista.

Paralelamente Eugenio González negaba en alto as afirmacións da portavoz do BNG e xustificábase dicindo que non dixera que a destitución do xefe provincial de Costas fose polas dunas senón «polas mentiras dalgunha», o que provocou risas no salón de plenos.

«Un circo»

Ante esta situación, Mercedes Giráldez, cualificou o sucedido de «circo» e reprochou que o debate da moción que o seu grupo presentou co fin de alcanzar un consenso respecto a Ojea acabase desembocando nun enfrontamento como o ocorrido. «Aquí hai catro puntos de acordo que son rexeitar a negativa de desafectación, demandar as actuacións urxentes necesarias para evitar a deterioración das estruturas e o recheo, demandar do goberno municipal a redacción dun informe técnico e unha reunión urxente con todos os grupos. Eu non me fio deste goberno, igual que non me fio do PP nin de ninguén agora mesmo porque o circo en que convertemos esta corporación municipal, e agora inclúome eu, estamos a lle demostrar á xente de Cangas que non somos merecedores de defender os seus intereses», censurou a portavoz do BNG.

A pesar de todo o ocorrido, a moción aprobouse por unanimidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *