Olga Sotelo Pastoriza, Presidenta de la Asociación, María del Pilar Araujo Vidal, Vicepresidenta e María Jesús Rodríguez e Teresa Barros, Vocais de Adicam presentando a programación.

Chega o mes de outubro e con el un gran número de eventos e actos que ADICAM está organizado por o Día Internacional de Cancro de Mama, o próximo 19. Desde a asociación solicitan a maior colaboración xa que esta celebración regresa despois de 2 anos marcados coa pandemia. Nesta ocasión, todo volve á normalidade e haberá eventos en Vigo, Cangas e Pontevedra.

Está prevista formación de voluntariado, mesas informativas na rúa e nos hospitais, talleres de risoterapia, actividades para nenos… Aínda que o prato forte serán as XORNADAS CIENTÍFICAS DE ADICAM CO PREMIO ADICAM 2022 que serán os días 7 e 8 de outubro no salón de plenos do Concello de Cangas e a gran Marcha Solidaria Fina Acuña que será o 23 de outubro e que na súa última edición de 2019 conseguiu congregar a máis de 4000 persoas. Por último, a actividade TINGUIR CALE PRÍNCIPE DE VIGO EN ROSA que será o días 28 de outubro.

O día 19 de outubro en Cangas será un día de portas abertas no que tamén haberá pasacalles da man de Lume do Karoso, lectura do manifesto e concerto.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí