O detido polo crime dunha muller en Tirán, en Moaña, acaba de pasar hai uns minutos ao dispor do xulgado número 1 de Cangas. Balbino S.E., de 60 anos, chegou nun furgón da Garda Civil despois de practicamente esgotar o tempo máximo permitido en sede policial. Chegou no interior dun vehículo da Garda Civil, que accedeu directamente ao interior dos Xulgados sen que os medios de comunicación que lle esperaban no exterior puidesen inmortalizar o seu rostro.