O único acusado polo momento de matar a Cándida Soaje, a veciña de Moaña de 72 anos que apareceu morta na súa casa da parroquia de Tirán, foi enviado a prisión provisional e sen fianza por un delito de homicidio.
Hai apenas uns minutos que Balbino S.E. acaba de abandonar os Xulgados de Cangas onde entrou ás 9:30 horas desta mañá tras pasar a disposición xudicial.
Desde que foi detido o pasado luns permaneceu nas dependencias da Garda Civil onde, segundo transcendeu, non recoñeceu a autoría do crime e alegou ter unha coartada.