Decoración de Nadal en Paredes.

A asociación Carretera Vella organiza unha festa de benvida con música e chocolate e convidarao a gozar da decoración de Nadal en toda Vilaboa

O trineo de Papa Noel aterrará este domingo en Paredes, convidado pola asociación veciñal Carretera Vella, para pasar a tarde coa rapazada de Vilaboa que se queira achegar a recordarlle as peticións de última hora. Incluso é posible que entregue agasallos aos asistentes si estes o solicitaron previamente a través do whatsapp do colectivo veciñal (687106830).

Carretera Vella ten preparada unha gran festa para rapaces e rapazas na que haberá música ambiente, chocolate e chucherías para os máis pequenos, ademáis de panxoliñas en directo, agasallando así ao protagonista da Noiteboa tras confirmar o seu desexo de visitar o alumeado que a veciñanza de Paredes instalou de novo este ano neste tramo de estrada.

Tamén os Reis Magos visitarán a composición decorativa deste entorno, xa que o día 5 de xaneiro rematarán o seu percorrido por todas as parroquias e lugares do municipio en Paredes, para compartir neste espazo un anaco de tempo cos máis pequenos. A veciñanza de Paredes acompañará a Papa Noel nun percorrido polo Mercadiño de Nadal, que este ano conta cunha variada oferta de artesanía e agasallo e dá cabida ás propostas das anpas do Toural e de Riomaior para recadar fondos para as excursións de fin de curso. Pero sobre todo mostraralle o potencial creativo das persoas residentes neste entorno que nesta edición enriqueceron a súa composición cun tiovivo artesanal, un iglú, a noria, un columpio, árbores, trasnos e ata un tren. En total máis de 400 metros lineais que derrochan ganas de transmitir ilusión.

Convidarán a Papa Noel a facer unha paradiña antes de abandonar Vilaboa en Figueirido, donde o traballo da veciñanza encheu de cor e calor de Nadal o parque do Canaval e Cabadachán, un barrio transformado durante estas festas no que non quedou unha casa sen participar, ambientando incluso os tramos de estrada sen vivendas. “Desde o goberno local de Vilaboa non nos podemos sentir máis orgullosos da capacidade creativa da nosa veciñanza e da súa implicación para que un municipio das dimensións do noso chame a atención en calquer rincón. Foi como si a ilusión se fose contaxiando de casa en casa quedando moi poucas sen adornos; algunhas con iluminacións moi complexas e outras máis sinxelas, pero dar un paseo estes días por Vilaboa é un auténtico goce para os sentidos. É imposible circular por calquera estrada secundaria e non sonrir ao ver tanta luz”, apunta César Poza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *