O concelleiro popular José Luis Gestido mostrando el estado de suelo y paredes del aula de la Ludoteca.

O Partido Popular de Cangas volve a denunciar a renuncia por parte do Goberno local liderado pola nacionalista Araceli Gestido de subvencións de carácter autonómico dirixidas ás entidades locais. Nesta ocasión os populares poñen no foco na convocatoria publicada pola Xunta de Galicia de subvencións de carácter plurianual para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados a servizos municipais. “Vemos como a historia se repite unha e outra vez. Da igual de que tipo sexan e a onde vaian dirixidas.

A falta de xestión deste equipo de goberno é tan grave que só este ano suporá varios centos de miles de euros que non serán investidos na nosa vila pola súa incompetencia” critican.

Desde o grupo municipal maioritario da Corporación sinalan que nas últimas semanas denunciaron esta mesma situación respecto a outras axudas como a dedicada ao programa de emprego xuvenil, a dirixida para a mellora dos equipamentos culturais, a de Turismo de Galicia para o embelecemento do litoral ou a dedicada a auditar o servizo municipal de saneamento. “E moito nos tememos que non serán as únicas” insisten á vez que poñen o foco no silencio do goberno municipal. “Deben de rendir contas ante a veciñanza por esta nefasta xestión” afirman. “Non se pode ir de vítima nos medios denunciando un trato discriminatorio por parte do Goberno galego e logo coñecer que son eles os
que torpedean a chegada de máis fondos para actuacións moi necesarias no noso concello” continúan.

A formación acusa ao BNG e os seus socios de goberno de estar máis ocupados en pacificar as súas liortas internas que en elaborar proxectos e conseguir financiación para Cangas. “So hai que ver o que acontece noutros concellos veciños” reiteran. “É difícil atopar maior desgoberno do que hai en Cangas” engaden. “O único que lograron nun ano foi aprobar os seus soldos, e con dificultade.

Unha vez que resolveron o seu problema esquecéronse dos problemas da nosa vila, que para eles non deben ser moitos ao tenor do acontecido no último Pleno no que a única proposta do BNG foi falar da guerra de Gaza” ironizan. “Se non queren gobernar, pois que se vaian, pero que deixen de paralizar Cangas por máis tempo” rematan

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *