O lume arrasou 16 hectáreas e grazas á colaboración veciñal e ao operativo despregado non chegou a afectar a ninguna vivenda
Parece que o peor pasou. O lume que mantivo o vilo a todos os veciños da parroquia de Meira, e especialmente aos da zona de Quintáns, está controlado, segundo informa a alcaldesa, Leticia Santos, que permaneceu no lugar desde que saltou a alarma ao redor das 16:00 horas desta tarde. Precisamente Santos informou a Morrazo Noticias que participará na vixilancia nocturna que levarán a cabo coa Policía Local por se se reaviva algún foco e por se alguén necesita algo. E é que as chamas estiveron moi preto das vivendas, temendo nalgún caso por algunha delas. De feito, a Garda Civil informaba de que dez casas tiveran que ser desaloxadas.
O nerviosismo foi tal que se lanzou unha alarma a través de redes sociais para que a xente achegásese ata Quintáns e axudase a frear as chamas. Tanto é así, que a colaboración de Moaña no día de hoxe quedou patente. Grazas a esta mobilización a media tarde a extinción do incendio evolucionou favorablemente e quedou sen perigo para os núcleos de poboación. Así informa nun comunicado a consellería do Medio Rural, que enviou ata Meira 4 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 5 avións e 5 helicópteros. Tamén formaron parte deste operativo Policía Local, Protección Civil de Moaña e de Cangas, Bombeiros e Forestais. Incluso axentes da Policía Local que xa non están de servizo achegáronse ata o lugar do incendio para axudar na regulación do tráfico e nas labores de extinción.
Desde o goberno local destacan «a coordinación directa entre a Alcaldía e o Conselleiro de Medio Rural», al que agradecen que estuvieran toda la tarde también en Quintáns apoiando o dispositivo. O titular de Medio Rural tranquilizou aos veciños asegurando que a situación estaba «moito mellor» que ao principio e non quiso precisar a causa que pudo provocar o lume. «Agardemos á investigación, pero dende logo o inicio foi moi cerca das casas e por iso decidimos decretar a Situación 2», explicou José González Vázquez, no lugar do incendio. En principio non afetou a ningunha vivenda ainda que falabase dun alpendre pero non está confirmado. A Xunta contabiliza 16 hectáreas queimadas.
Aunque a situación é favorable, desde o Concello piden aos veciños que deixen os viais de acceso ás zonas de Quintáns, O Caeiro, A Moureira, A Fanequeira e o Lourido despexados para que os equipos de emerxencias poidan acceder se o precisan.