Veciños de Praia-Seara reunidos no Consello cos representantes dos partidos políticos da corporación local.

O goberno local terá en conta as prioridades veciñais para confeccionar os orzamentos do ano que ven

O Concello de Moaña retomou a presencialidade dos Consellos Veciñais despois de que o ano pasado se tivesen que realizar de xeito telemático por mor da emerxencia sanitaria.

A piques de rematar o 2021, o goberno municipal de Moaña xa ten o foco posto no que será o próximo ano, e é por iso que esta mesma semana se celebraron os dous primeiros Consellos veciñais, o de Moaña e o de Praia-Seara, recuperándose a participación presencial do tecido asociativo neste órgano municipal decisivo na elaboración dos orzamentos.

A socialista Marta Freire, responsible da área de Participación do Concello de Moaña, e presidenta dos Consellos veciñais, destacou a importancia de que o tecido asociativo participe e sexa unha peza clave na elaboración dos orzamentos municipais propoñendo e priorizando as obras e actuacións que consideren prioritarias para os barrios e parroquias que representan. «Moaña é un vila participativa e dende o goberno queremos que os Consellos Veciñais sexan décimo oitavo membro da corporación municipal», manifesta a edil.

No Consello veciñal do Carme os colectivos participantes priorizaron de cara o orzamento municipal 2022 obras que van dende a mellora da rede de camiños e viais municipais ata a mellora de diferentes instalacións municipais. Destacan o formigonado dos camiños da Granxola e da Salvante, en Broullón, a mellora do Centro Cultural de Berducedo coa execución de varias reparacións no interior e exterior, tamén a reparación do vial Paradela-Marrúa o da estrada que vai dende a curva da Lomba ata a PO-313. Tamén apoiaron a sinatura dun novo convenio coa Asociación de Hostelería de Moaña, manter o convenio coa Bande de Música Airiños do Morrazo o seguir executando obras de mellora e acondicionamento do baixo do palco da música. Sen olvidar o acondicionamento do Carreiro de Fonte Bieita, poñer solución ó exceso de pluviais na Canexa de Cándida Lago o mellorar a visibilidade nos pasos de peóns da rúa Fonte do Unicornio.

En canto ás propostas a xestionar con outras administracións e organismos, os colectivos do Carme trasladaron a necesidade de avanzar na humanización da EP1101, xestionar coa AXI a mellora da mobilidade peonil na PO-313, na zona de Broullón.

Demandas dos veciños de Praia-Seara

No Consello Veciñal de Praia- Seara celebrado pasado o martes se recalcou a importancia de seguir avanzando na execución da Estratexia de recuperación integral do val fluvial de Rialdarca, de arranxar e mellorar o tránsito e seguridade no Camiño do Xaldeiro (mellorando o pavimento e a circulación de augas neste camiño) e realizar estudos e análises de calidade de auga completos atendendo aos múltiples factores de contaminación química, cun plan anual gradual, en tódalas fontes, ríos e lagoas de rego do barrio.

Por outro lado, os veciños de Praia-Seara también propuseron apostar pola mobilidade sostíbel e o tansporte público, como Prioridade Global para todo o
municipio. Piden a colocación de estacións para aparcar bicis con seguridade e que tamén teñan opción para cargar bicis eléctricas, así coma implantar algún tipo de opción de transporte a demanda entre os barrios altos co centro urbano, coa estación marítima e coa PO-551 (é a principal ruta de organización e funcionamento do transporte público). Por último, demandan dende Praia-Seara avanzar nunha Estratexia común na Mancomunidade para aumentar e mellorar o servizo de transporte público no Morrazo e coa conexións a Vigo e Pontevedra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *