Novo consello veciñal en Moaña. Esta semana tocoulle o turno aos veciños de la parroquia de San Martiño que, en unha reunión presencial no Concello, expuseron á concelleira de Participación Cidadá, Marta Freire, cal son as súas propostas para a mellora do barrio para o ano que ven e que o goberno local terá en conta para a elaboración dos orzamentos do próximo ano.
Segundo Freire, as peticións dos veciños de San Martiño no consello foron o acondicionamento do Camiño da Costa do Luceiro que une a zona da Rotea coa estrada provincial EP1104, tamén do camiño e contorna da Feira, a mellora do vial que une o Cruceiro coa Canteira do Casal, do acceso lateral ao Ceip Abelendo, avanzar na Estratexia de Rialdarca, ampliar a oferta cultural e os espacios de ocio na parroquia, medidas de posta en valor e de protección do Patrimonio, acondicionamento do vial dende a Ameixoada ata o campo de futbol do Casal e, por último, avanzar no proxecto de humanización de San Martiño.
Para o goberno local, manifestan, a participación do tecido asociativo e «unha peza clave» na vida política municipal.