Desde a Asociación Bombeiros Morrazo van facer unha colleita de xoguetes novos e usados, en colaboración coa asociación Stop, para a campaña solidaria Cada Nen@ un Xoguete. Os xoguetes repartiranse a través dos departamentos de Servizos Sociais de toda Galicia para familias sen recursos. Tamén parte deles irán á Palma e a Siria.

A colléita farase no parque de Bombeiros do Morrazo, situado no polígono industrial de Castiñeiras, entre o 4 ao 14 deste mes de decembro. Os xoguetes serán desinfectados e empaquetados antes da súa distribución.

Desde Bombeiros do Morrazo animan a participar polas familias necesitadas para que ningunha quede sen un agasallo nestas datas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *