Dende o 26 de outubro e cunha periodicidade dunha semana en cada unha das instalacións ata o 9 de novembro poderán coñecer as modificacións e presentar alegacións
O Concello de Cangas quere facer partícipes aos veciños de Coiro do seu rueiro e para iso desde o próximo 26 de outubro a Casa da Cultura e a Biblioteca da parroquia albergarán a proposta do consistorio cos mapas e listaxes do rueiro. O documento permanecerá nestas instalacións ata o 19 de novembro, cada semana nunha delas.
Isto permitirá que aqueles veciños e veciñas que queiran presentar algunha achega, alegación ou modificación poidan facelo tras realizar a consulta. Estará ao dispor dos veciños os martes e venres en horario de mañá de 11:00 as 13:30 e os luns e mércores polas tardes de 16:30 a 18:00 horas.
En función da demanda a consulta poderase ampliar máis semanas.