Cartel motivo da denuncia veciñal.

DENUNCIA.- Veciños de Cangas puxéronse en contacto con este xornal para criticar que o ex membro do goberno local, o socialista Eugenio González, teña un cartel na porta do despacho do PSdeG, na primeira planta do Concello, informando de como os cidadáns poden contactar co CONCELLEIRO DE OBRAS do consistorio e en que horario. Cabe destacar que González nunca dirigó a carteira de Obras desde a súa entrada no executivo local, por iso é polo que chama a atención este cartel. Ata que o PSdeG foi apartado do goberno local, a responsable de Obras era a súa compañeira de filas Ingrid Loredana pero nunca Eugenio González.

«Nunca foi concelleiro de obras e tampouco, como é ben sabido, está actualmente no goberno municipal», denuncian os veciños no escrito trasladado a Morrazo Noticias.

Neste momento a concellería de Obras é responsabilidade da alcaldesa, Victoria Portas, que asumiu todas as áreas que dirigian os socialistas ata a súa saída do goberno local.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *