Con motivo das eleccións municipais do próximo 28 de maio, o Concello de Cangas emitiu un bando informando a todos os veciños de que poden comprobar a súa inscrición no censo electoral no departamento de Estatística, situado na primeira planta do Concello. O prazo xa está aberto ata o 17 de abril.