O candidato do Partido Popular á alcaldía de Cangas, José Enrique Sotelo, realizou unha visita ao Museo do Videoxogo para coñecer de primeira man o desenvolvemento deste espazo de divulgación da man dos seus promotores Galo e Jacobo Martinez. No encontro o popular pudo visitar as diferentes estancias expositivas, o seu funcionamento e a traxectoria do Museo do Videoxogo (MUVI) que foi pioneiro sendo o primeiro deste tipo aberto en España. “Sen dúbida é unha sorte para a nosa vila contar cun espazo deste tipo que permite sumar atractivos ao noso concello, tanto para os que vivimos aquí como para quen nos visita” comentou.
Sotelo concordou cos presentes da necesidade de apoiar e colaborar co museo por parte da administración local, “traballando na sinalización, dándolle difusión e axudando nas diversas actividades e iniciativas que se levan a cabo” afirmou. “Trátase de aproveitar e sacar o máximo potencial a este espazo de divulgación tan sigular e conectalo con outras propostas que teñen lugar no noso municipio plenamente compatibles” continuou.
“Este tipo de proxectos son moi valiosos dentro das estratexias de desestacionalizar do turismo xa que a pesar de non levar moito tempo aberto recibe moitas visitas de persoas de toda Galicia e mesmo do resto de España durante todo o ano” rematou.