A deputada e o responsable do PSdeG de Moaña diante do centro de saúde da localidade.

A deputada socialista Leticia Gallego levará mañá, xoves 17 de marzo, a partir das 10.30 h, á Comisión de Sanidade do Parlamento, unha proposición non de lei para urxir á Xunta de Galicia a restituír, «de maneira inmediata», as urxencias médicas na Casa do Mar de Moaña, de xeito que se garanta unha «correcta e plena» asistencia sanitaria ás veciñas e veciños.

Ademais, pedirá ao Executivo galego que se reforce o persoal de Atención Primaria para reducir as «importantes» listas de espera existentes na vila.

Poderán seguir a intervención en directo a través da web do Parlamento de Galicia:

http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/default.aspx

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *