Na actualidade, e segundo os sindicatos, non está garantido o abono das nóminas de maio antes do 1 de xuño, continúan sen satisfacerse as débedas de todo o ano ao persoal traballador, non se entrega a
documentación que permite interpoñer no xulgado unha reclamación de cantidades, continúa o acoso laboral, a persecución aos traballadores e as carencias loxísticas afectan ao normal funcionamento do servizo.

Por todos estes motivos, a representación de CIG, CCOO e USO volverá a celebrar asembleas nas que prantexara unha nova convocatoria de folga así como recrudecer o calendario de protestas en espera dunha resposta por parte da Xunta que se nega en rotundo a asumir directamente o servizo de asistencia e transporte sanitario público, cambiando o modelo actual de prestación do servizo con empresas concesionarias privadas.

A reunión mantida hoxe entre responsables do Sergas e o 061 coa representación da CIG, CCOO e USO, fracasa tras incumprirse por parte da administración os acordos alcanzados na anterior xuntanza e pola negativa a asumir novos compromisos. Pese a que o empresario e administrador único da empresa continúa desaparecido, non se presentou á reunión ningunha das persoas que ostentan actualmente a dirección da compañía, tal e como estaba previsto. Tampouco se entregou un organigrama da dirección e se nomea como interlocutor a un avogado laboralista contratado pola empresa.

A día de hoxe, o persoal traballador da empresa descoñece a quen debe dirixirse para o máis mínimo acto administrativo ou realizar tarefas loxísticas simples como pedir un permiso laboral ou solicitar a reparación dun vehículo. A empresa está sumida nun auténtico caos sen o seu persoal saiba a que ordes de traballo debe atender e descoñecendo que cargo ostentan as persoas que actúan na actualidade supostamente en nome do empresario Carlos Simón.

Acumúlanse as débedas ao persoal traballador e provedores

A representación sindical de CIG, CCOO e USO considera insalvable que os documentos de nóminas continúen sen entregarse, facendo imposible o cálculo e a posible reclamación xudicial do diñeiro que se lle debe á totalidade do cadro de persoal.

Outra das cuestións que aumenta o clima de crispación é a decisión do empresario de dar indicacións para que as nóminas que si se entreguen estean feitas deliberade e enrevesadamente mal co obxectivo de colapsar os servizos xuridicos dos sindicatos, posto que terían que calcular e refacer unha a unha as nóminas de todo o ano de 260 traballadores. Por este motivo, a RLT solicitou ao Sergas que asuma a elaboración das mesmas aproveitando o seu papel de interventor na empresa.

Sen embargo, o Sergas négase a asumir esa función, feito que en opinión da CIG, CCOO e USO, demostra unha nova mentira da Consellería no seu compromiso de intervir a empresa Ambulancias do Atlántico. Os tres sindicatos denuncian que, en realidade, a administración está a realizar un tímido papel de mero observador e que tan só lanza recomendacións ao empresario e a súa contorna.

Así mesmo, as débedas a provedores continúan acumulándose facendo moi complicado o traballo diario. Restricións de combustible, interrupción da limpeza dos centros de traballo e falta de reparacións nas ambulancias ou impagos de alugueres son, entre outros, algúns exemplos dos graves problemas económicos que asolan á Ambulancias do Atlántico, actualmente en bancarrota, que subsite a base de adiantos económicos da facturación do Sergas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *