Os asistentes á visita esta tarde en Moaña.

A Xunta mostrou hoxe a realidade dos sectores mexilloeiro e marisqueiro a unha delegación de deputados da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo que visita estes días Galicia para afondar no potencial marítimo- pesqueiro da comunidade. Esta tarde puideron coñecer de primeira man as peculiaridades do cultivo de mexillón durante unha visita a unha batea na ría de Vigo na que estiveron acompañados pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e a presidenta das mariscadoras da localidade, María Dolores Álvarez.

Esta visita súmase á que realizaron pola mañá xunto coa directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, ao punto de control de marisqueo da praia da Xunqueira en Moaña.

Alí puideron coñecer, da man dos profesionais do marisqueo, a importancia que ten esta actividade na economía de Galicia.

Este tipo de visitas son de gran valor para defender os intereses do sector marítimo-pesqueiro galego ante as institucións europeas e para concienciar sobre a importancia de ter en conta as singularidades das distintas comunidades pesqueiras á hora de lexislar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *