A alcaldesa e representantes do goberno local de Moaña achegáronse ata a parroquia de San Martiño para comprobar a marcha das obras da creación da «Área Interpretativa de Redogrés».
As obras, que se iniciaron este luns, contemplan o desbroce do roteiro, a retirada de escombros depositados irregularmente nas beiras do camiño, a colocación de paneis informativos da fauna propia da zona e a instalación de habítaculos para morcegos.
Os traballos desenvolveranse ao longo de todo o mes de xuño e permitirán por en valor unha zona altamente degradada e a súa recuperación ambiental para goce das persoas que transiten pola beira do Riodogrés.