Os edís de Normalización Lingüística, Cultura e Igualdade presentando o cartaz dos Rechouchíos.

Os Rechouchíos que organiza el Concello de Moaña, a través das concellerías de Normalización Lingüística, Cultura e Igualdade, retoman a súa actividade e arrincan mañá na Casa da Cultura de Verducedo a las 18:00 horas. O fan por peimeira vez ante a demanda dos seus veciños. A compañía Truque Matruque traerá o contacontos musical » Unha terra chea» recomendado para nenos a partir dos 3 anos.

O venres 19 de novembro será no Centro Multiúsos de Meira tamén as 18.00 horas da man de Esperanza Mara coa sua «Xogando coa música». Un espectáculo que vai estar signado por Xoga (Organización de Diversidade Sensorial de Galicia).

Á semana seguinte, o venres 26 de novembro, o auditorio do Centro Sociocultural Rosalía de Castro de Domaio, ás 18.00 horas, acollerá «A maleta» de AZ. Un contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua galega a partir dos 3 anos.

O primeiro venres de decembro, auditorio do Centro Sociocultural Daniel Castelao, Quintela ás 18,00 horas con María Faltri e Jorge Juncal e a súa obra «Soñando inventei», tamén signado por Xoga. Despois deste Rechouchío terá lugar a lectura do manifesto do Día Internacional da Diversidade Funcional.

O 10 de decembro, Ana María Vázquez Facchini con coa narración oral «Encóntame o Nadal!» no Centro Sociocultural Ramón Cabanillas, en O Real, 18.00 horas. Nesta contada, a narradora mestura os contos de sempre con historias dos nosos días co obxecto de revivir antigas tradicións, crear novos costumes e recuperar sabores e cheiros da infancia que nunca se esquecen.

Na praza do Concello

Coa proximidade do Nadal, o venres 17 de decembro, o lugar elexido é a praza do Concello, 18.00 h, onde Mamá Cabra convidará a todos os nen@s a entrar na súa
«Escola bosque». No mesmo lugar e á mesma hora o mércores 20 Inventi Teatro levaraos «A gran viaxe» na nave da capitana Centella e o doutor Potasio.

E, por último, o mércores 29 de decembro tamén no exterior do Concello, «O sono dos golfiños», un espectáculo musical recomendado a partir dos 3 anos no que a compañía Golfiños levará aos nenos a viaxar por un mar de músicas cun repertorio moi variado.

No caso de que faga mal tempo, estes Rechouchíos serán no auditorio do Centro Sociocultural Daniel Castelao.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *