A Concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, e o Director da Escola Municipal de Música
Mestre Landín Pazos, Delio Fernández, reuníronse esta mañá no Concello para establecer
os detalles do inicio do curso académico 2020/2021 na Escola Municipal de Música e a
preparación dos protocolos para a súa apertura.
Nesta reunión analizáronse os protocolos cos que contará a Escola de Música para o seu
inicio e determinar as medidas de seguridade e hixiene necesarias para este comezo.
Os prazos de matriculación estarán abertos dende o próximo día 3 de setembro ata o 25
do mesmo mes, e poderá realizarse en horario de 17:30 a 20:00 horas no segundo edificio da Finca de Briz.
A oferta da Escola Municipal de Música Mestre Landín Pazos, recolle unha variedade
ampla de prazas en diferentes materias entre as que se atopan:
-Música e movemento, para nenos de 4 a 7 anos
-Actividades para persoas adultas, sen límite de idade
-Informática Músical
-Canto Coral
-Música Moderna
-Conxunto instrumental (instrumentos de corda).
-Linguaxe musica, violín e piano
-Pase de grao. Acceso a conservatorio
-Estudos de grao medio e profesional.
Durante o curso 2019/2020 o total de alumnos matriculados foi de 104 repartidos nas
diferentes materias ofertadas pola Escola de Música Municipal.