O grupo municipal do PP de Cangas nun pleno desta lexislatura.

Esta mesma semana foron denunciados novos episodios. Os populares sinalan que mentras o Concello asume multas pola contaminación a empresa concesionaria “vaise de rositas”

O Partido Popular de Cangas acusa ao goberno municipal de ser responsable dos contantes vertidos de augas fecais ao litoral municipal causados polo deficiente funcionamento da rede municipal de saneamento e abastecemento. Desde a formación explican que “cando a cada episodio de contaminación o goberno da sra. Gestido decide sair en defensa dos xestores do servizo e non abren nin un só expediente sancionador mentras, e de xeito paralelo, o Concello asume multas polas periódicas verteduras, o único do que cabe falar e de complicidade e coresponsabilidade destes feitos”.

“Falaron fai uns meses dunha inversión millonaria da rede da que xa non sabemos nada, da renovación do bombeo de Vilariño non sabemos nada mentras continúa vertindo á ría segundo denuncian os propios veciños” denuncian. “Actúan como auténticos relaciones públicas da empresa, facendo
especiais méritos a ala socialista do goberno que, niso debemos recoñecelo, amosan mellor gana e predisposición” declaran.

“Esta mesma semana tivemos coñecemento polo menos de tras verteduras, dúas no entorno da depuradora e outro na zona de Menduíña” afirman. “Cal foi a reacción do tripartito… A de sempre. Nada” continúan. “Parece que non lles importa o impacto devastador que ten esta contaminación no nosos recursos mariños e na actividade pesqueira, tan importante na nosa economía” lamentan. “Non é algo que diga só o Partido Popular, así o sinalan os propios profesionais do mar que miran como se degrada a seu medio de vida e das súas familias” resaltan. “Que podemos decir do acontecido no pasado verán,
pechando varias veces a praia de Rodeira ao baño” rememoran. “Se afanaron en restar importancia ao acontecido incluso coas imaxes de peixes mortos no río Saíñas”.

“Polo visto o problema é que está chovendo muito, pero en verán non chovía e pasaba o que pasaba” insisten. Para o grupo maioritario da corporación vai ser complicado solventar o maior problema medioambiental do municipio senón se exixe a empresa que cumpra co contrato vixente e manteña e renove os bombeos que non están a funcionar correctamente. “A empresa incumpriu o Plan de Inversión sen sufrir nin unha soa consecuencia e para colmo tratan de colar pola porta de atrás obras que debería financiar a concesionaria e as está a pagar o Concello de Cangas” declaran. “Logo se escandalizan cando nos preguntamos para quen traballan e de quen cobran, da empresa ou dos veciños e veciñas de Cangas?” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *