A alcaldesa de Cangas visitando a escola infantil.

A alcaldesa Vitoria portas visitou as instalacións da escola infantil A Choupana, para comprobar como quedaran as reformas acometidas no período vacacional por preto dun importe de 50.000 euros.

Durante a súa estancia puido comprobar como locen estas melloras que á vez eran moi necesarias e que o centro levaba solicitando longo tempo, como foron a apertura de WC a dúas zonas, un aula-comedor, a instalación dun moble feito a medida para cambiador e bañeira, dotáronse de novos lavamáns e aseos específicos para garderías, pintouse e azulexouse para dar cumprimento á nova normativa, abriuse unha nova xanela para poder observar aos nenos mentres están no baño, instaláronse novas portas, renovouse a instalación de fontanería,
modificouse o sistema eléctrico, púxose un novo chan de tarima e pintáronse as humidades do teito da zona central, entre outras accións.

Peo a rexidora cre que á marxe de que todas as reformas foron moi necesarias a reforma estrela a consistido en lixar e pintar a estrutura exterior, eliminando piares metálicos que dificultaban o acceso e ampliando a cuberta exterior para que os nenos e nenas poidan gozar do patio, aínda que o tempo non sexa o máis adecuado como é habitual, sen ter que mollarse.

Portas está a solicitar información das necesidades de todos os centros educativos de Cangas para tentar adecualos e darlles as solucións que estean na súa man, como fixo en está ocasión, no que Portas recalca o gran apoio que recibiu por parte de Perfecto Rodríguez (Xerente Consorcio Galego de Servizos Saciades e Igualdade), que tamén visitou o centro para comprobar como se estaban realizando os traballos, xa que isto foi posible, segundo afirma a alcaldesa ao acordo alcanzado co xerente e agradécelle o seu compromiso con Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *