A directora xeral e a delegada da Xunta coa directiva e as traballadoras de Adicam.

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe en Cangas a Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico (Adicam), coa que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén colaborando para o desenvolvemento de actuacións de atención a mulleres en situación de vulnerabilidade.

Este ano, esa colaboración supón que a asociación aplique a transversalidade de xénero a todas as súas accións, a habilitación de ferramentas para identificar situacións de violencia contra as mulleres, a sensibilización da poboación neste senso e a información dos recursos para mulleres vulnerables e para mulleres que sofren violencia de xénero. Así mesmo, Adicam organiza actividades para promover a saúde mental e a autoestima, traballa para fomentar a inclusión sociolaboral e ofrece apoio psicosocial ás mulleres en situación de vulnerabilidade como unidade primaria de intervención.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *