As bandeiras, nas rúas dos casco vello de Cangas.

A asociación de comerciantes Cangas Vella decidiu homenaxear aos catro olímpicos do municipio e esta mañá colgou dos seus principais cales bandeiras cos tradicionais aros en honra aos deportistas da vila: Teresa Portela, Rodrigo Currais, Iván Villar e Rodrigo Germade. Ademais, e para quen queira levar un recordo a casa desta pequena iniciativa, tamén prepararon merchandising que pode ser adquirido polos veciños e visitantes nos establecementos polo prezo simbólico dun euro para financiar o coste das bandeiras.

Segundo a súa presidenta, Clara Bernárdez, é unha idea que xorde para «dinamizar as rúas do casco vello e, por tanto, o seu comercio» e ao mesmo tempo «sentirnos orgullosos dos nosos olímpicos».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *