Reunión do goberno cos clubes de xubilados.

Clubs de xubilados e Concello de Moaña acordan que a partir do próximo mércores 13 de outubro retomaranse as actividades que antes da pandemia viñan realizando no interior das instalacións, iso si con grupos de como máximo de 10 persoas que é o que marca a normativa autonómica actual en materia de restricións polo Covid-19.

Tras a posta a piques das instalacións dos tres clubs, Moaña, Domaio e Meira, por parte do consistorio (pequenas reparacións e limpezas xerais) esta semana xa quedarían listos para arrincar os cursos e actividades físicas habituais: memoria, ioga, a ximnasia pasa do exterior ao interior, etc. Polo momento manteranse os mesmos horarios nos que estaban a se impartir no verán.

Aínda que a situación actual de relaxación das medidas permite retomar paulatinamente a normalidade, os usuari@s e alumn@s deberán seguir cumprindo coas medidas sanitarias establecidas. Deberá gardarse a distancia social, desinfectarse con xel de mans e usar máscara durante toda a estancia. En canto ás cafeterías situadas no interior dos clubs, terán que rexerse pola normativa específica para a restauración.

Segundo a concelleira de Servizos Sociais, María Ortega, as condicións iranse modificando conforme fágao a lexislación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *