Os Bombeiros esta tarde na rúa Concepción Arenal.

Os Bombeiros do Morrazo desprazáronse ata unha vivenda de rúa Concepción Arenal de Moaña, no primeiro piso dun edificio situado á altura do número 62, para entrar na vivenda dunha muller de avanzada idade que vivía soa e sufrira unha caída co andador cando se atopaba no interior do seu domicilio coa porta pechada.

A anciá avisou a Cruz Vermella e esta a a Policía Local e aos Bombeiros, que finalmente tiveron que acceder ao piso por unha xanela para poder abrir a porta coa axuda da escaleira que porta o camión.

A muller non necesitou asistencia médica inicialmente. Ocorreu ás 18:02 horas.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí