A asociación de veciños de Berducedo-Piñeiro anuncia que estará ao dispor de todos os veciños afectados polo plan de mellora da seguridade no vial que vertebra a parroquia, a EP 1101, dende a subida de As Pagonas ata a Capela dos Milagres.
Tras a reunión explicativa do pasado venres á que asistiron membros do goberno local para explicar os pasos para seguir para lograr que a Deputación execute unha senda peonil nesta estrada da súa competencia, tanto esta tarde de 19:00 a 20:00 horas como o mércores no mesmo horario, a directiva da Asociación estará no centro cultural para aclarar as dúbidas que puidesen xurdir respecto a esta iniciativa.