Unha subvención da EGAP de 3.747 euros facilita accións sobre os fondos Next Generation, a simplificación administrativa, o teletraballo e a prevención de riscos
A Escola Galega de Administración Pública concedeu unha subvención ao Concello de Cangas de 3.747 euros para impartir diversas actividades formativas á plantilla municipal para mellorar a súapreparación en temas concretos e garantir unha mellor atención ao cidadán. Trátase dunha proposta unitaria na que o Concello de Cangas seleccionará a participación nas accións formativas tendo en conta a relación do posto de traballo coa materia a impartir facilitando asemade un reparto equitativo de alumnos/as entre os diferentes departamentos municipais.
Así a plantilla municipal poderá escoller entre catro accións formativas diferentes. A primeira das ten que ver cos Fondos Europeos no Plan de Recuperación e Resiliencia, os coñecidos como fondos Next Generation, no que profundizarán nos destinatarios, características e preparación dos proxectos. Outro bloque formativo irá na liña da simplificación administrativa e apoio á reactivación económico no ámbito da administración local, cun apartado centrado nas medidas urbanísticas e de financiación e un análise de casos no Concello de Cangas.
O teletraballo será outro dos aspectos formativos nos que se centrará a plantilla canguesa. Regulamento, sistemas de organización de traballo por medios remotos ou as competencias dixitais son algúns dos temas a abordar no curso.
A prevención de riscos laborais é outro dos bloques nos que se centrará a formación impartida polo Concello de Cangas, cunhaanálise da situación actual e propostas de mellora.