O alcalde con colleteiros e adegueiros na inauguración da Festa.

No concurso de colleiteiros os premios aos mellores tintos foron para Casa Cañoteira, Furancho Antonio e Furancho Jorge

“Os Areeiros” e Ardán fanse cos tres ouros na categoría Brancos da cata das adegas da IXP Ribeiras do Morrazo na Festa do Viño de Vilaboa mentras cos seus viños “Ouro”, “Tres hermanos” e “Praia do Santo”. Na cata dos tintos das adegas o ouro foi tamén para a adega Os Areeiros mentras que a plata recaiu no viño Porta do Conde da adega Ardán.

Na cata dos colleiterios, na categoría dos tintos, o Primeiro Mellor Viño tinto foi para Martín Torres González “Casa Cañoteira”; o Segundo para Furancho Antonio e o Terceiro para Furancho de Jorge mentras que nos brancos o Primeiro foi para Nilda Alvariña, o segundo para Furancho Antonio e o terceiro para Elisa Ruibal García “Casa da Boullosa”.

En total o xurado, composto por cinco profesionais do sector do viño, evaluou a calidade de 7 brancos e 6 tintos de colleiteiros e 4 brancos e 3 tintos de adegas, que poderán ser degustados polo público en xeral ata ás 17 horas de mañán domingo.

O goberno local agradece especialmente a colaboración de José Manuel Fernández Castro, do Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Consellería de Medio Rural pola súa aportación ao correcto desenvolvemento destas catas, organizadas para poñer en valor a calidade dos caldos locais. Xunto á degustación dos viños locais, moi dinámica neste primeiro tramo da Festa, o evento completouse coa presenza de varios postos gastronómicos de polbo, empanada e churrasco no que xa ao mediodía se despacharon un importante número de racións; proposta gastronómica que está complementada pola Pastelería O Laranxo, presente tamén nesta Festa na que ademáis de dulces ofrece racións de empanada de trigo e de millo.

As palilleiras de Vilaboa completan tamén a oferta cultural deste evento, chamando a atención do público co seu traballo artesano e a exposición de artigos que ofrecen nun stand propio; xunta a elas están outros artesanos de Vilaboa coas súas pezas e propostas.

Tralo concerto de Treixadura previsto para as 22 horas de hoxe, a programación continúa na xornada do domingo coa apertura das casetas de 12 a 17 horas e a actuación da Banda da Escola de Música de Vilaboa polo que o goberno local anima á veciñanza da contorna a achegarse a gozar dunha xornada de romería na área habilitada para este fin con mesas e sillas á sombra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *