O concelleiro de Mocidade de Moaña nunha visita ás instalacións.

O 20 de xaneiro de 16:30 a 19:30 na cMo – Casa da Mocidade de Moaña organizarase un obradoiro de Cultura Europea + Istameets (descubrimento do patrimonio local), fundamentalmente sobre a súa promoción en redes sociais e, principalmente, en Instagram.

Durante o obradoiro as persoas participantes aprenderán de forma amena e mediante actividades a valorar e promocionar o noso patrimonio cultural no mundo dixital.

Os alumnos aprenderán a usar as redes sociais con persoas expertas. Unha formación gratuíta e imprescindible para empregar e potenciar as redes sociais.

Inscricións a partir de 14 anos no whatsapp 649 683 923 ou no enderezo electrónico: mocidade@concellodemoana.org

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *